martes, 16 de diciembre de 2008

Novos temas

Xa podedes descargar nos enlaces da barra lateral esquerda os novos temas grabados por Batital: "Amor meniño", "Despertablues" e "La guitarra portuguesa". Agardamos que vos gusten tanto coma os anteriores ou máis.

Enlace emule: ed2k://fileBatital.rar112157909E91757EF7753D5FDCC89AE3BDDCAE66h=PI6K5BCRQBH5Q73NISW3EIFF6SWJAO2V/

sábado, 13 de diciembre de 2008

Pau

Como se trata dun dos temas máis controvertidos, recurrentes e aclamados no blog, aí vos van unhas instantáneas do "pau de choiva" que se emprega nas nosas actuacións.


lunes, 8 de diciembre de 2008

Novidades

O próximo 10 de Xaneiro de 2009 está prevista unha actuación de Batital no Joana´s Place de A Coruña na Rúa Pondal nº 4. Confirmaremos en breve a hora.
Asimesmo, o grupo estivo a traballar en tres novos temas: "Despertablues" (un Blues), "A guitarra Portuguesa" (un Fado), e "Amor Meniño" (Canción tradicional galega).
Pronto tamén rematarase a producción dos novos vídeos grabados nas xiras en directo que poderedes ollar, como non, no youtube.
Saúdos e grazas polas vosas visitas.
Batital.

jueves, 4 de diciembre de 2008

LastFm

Tamén temos o noso oco no LastFM. Comproba as etiquetas dos temas de Batital se queres que aparezan na lista de "scrobbler".

lunes, 1 de diciembre de 2008

My Space

Inauguramo-lo noso "mySpace": http://www.myspace.com/batital


domingo, 23 de noviembre de 2008

Magosto pola tolerancia 2008.

Tal y como se anunciou na Voz de Galicia, velaí unha foto da actuación no Magosto pola tolerancia, na Praza de Santa María, o pasado 22 de Novembro de 2008.


La Voz de Galicia. 21/11/2008.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Actuación na Festa dos Tolos.

Instantáneas da derradeira actuación de Batital na cervecería Estrella Galicia de Lugo.




martes, 11 de noviembre de 2008

Actuación Clavicémbalo.

Eiquí van unhas instantáneas da actuación no Clavicémbalo o pasado 7/11/2008.



sábado, 1 de noviembre de 2008

Novas datas de actuacións de Batital


-Viernes Día 7 de novembro 2008: 24:00 horas Clavicémbalo-club de arte e música. Rúa dos Paxariños 23-Lugo. Podedes consultar o programa en http://www.clavicembalo.com/Imagenes/Informativa1.pdf

- Martes Día 11 de novembro 2008: 22 horas -Cervecería "La estrella", Roi Xordo s/n, Lugo, 27002, co gallo da popular "Festa dos Tolos".

-Sábado Día 22 de novembro 2008: 17:00 horas nova actuación na Praza de Santa María de Lugo, co gallo do magosto popular pola integración organizado polo Concello de Lugo, adicado este ano á comunidade uruguaia e arxentina.Mais información en http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2008/11/21/0003_7331044.htm

Seguiremos informándovos das novas actuacións, aínda por confirmar.

domingo, 26 de octubre de 2008

LVdG

Reseña no diario La Voz de Galicia.

sábado, 11 de octubre de 2008

Repercusión mediática

Recollemos algúns extractos das entrevistas e os ecos da actuación de Batital onte na Praza de Santa María.


viernes, 10 de octubre de 2008

Instantáneas

Os asistentes ó concerto de Batital, tiveron a ben enviarnos varias fotos obtidas cos seus móviles.

Prolegómenos

Grazas ás novas tecnoloxías, podémosvos ofrecer, caseque en directo, unha das primeiras instantáneas obtidas no quencemento de Batital antes de ofrecer o seu concerto desta tarde na praza de Santa María.

jueves, 18 de septiembre de 2008

San Froilán 2008

Confirmada a asistencia de Batital no cartel de festas do San Froilán 2008. Podedes descarga-lo dende aquí, o desde a páxina web http://www.sanfroilan.info/

martes, 16 de septiembre de 2008

Integrantes de Batital

En atención os correos-e recibidos, desvelámo-la identidade dos integrantes de Batital.

Integrantes de Batital











Elba: voz.

Integrantes de Batital












ARIEL : Guitarra eléctrica, laude, timple. Compositor e creativo.

Integrantes de Batital













Fran: Mandolina e acordeón.

Integrantes de Batital











PABLO: Batería e percusión.

Integrantes de Batital











RUBÉN: Guitarra e laúde.

Integrantes de Batital.












PABLO VÁZQUEZ: Vocalista e coros.

Integrantes de Batital















ZEUS: É o benxamín do grupo. Toca o contrabaixo.

Cambio de data da actuación no "Clavicémbalo".

Informámosvos de que a actuación de Batital no Jazz-Club "Clavicémbalo" de Lugo, terá lugar a noite do vindeiro 07/11/08 ás 11:00 horas.

Festas de San Froilán 2008


Confírmase a actuación de Batital no calendario de actuacións musicais das festas de San Froilán 2008. Será o día 10/10/2008, ás 18:30 horas, na praza de Santa María. Agardámosvos a tod@s.

viernes, 5 de septiembre de 2008

Actuación na Casa da Música

O sábado 31 de maio, Batital ofreceu un concerto na "Casa da Música" de Lugo, na súa programación de concertos para as fins de semana.

martes, 2 de septiembre de 2008

Novas actuacións


As próximas actuaciones de Batital son:
-Día 13 de septembro de 2008: Casa Grande de Nadela. Lugo (http://www.casagrandenadela.com/).
-Día 25 de Outubro de 2008 JAZZ CLUB "Clavicémbalo" de Lugo (http://www.clavicembalo.com/). MODIFICADA.
-Segunda quincena de Outubro gira polas principais provincias galegas. Datas a confirmar.