jueves 27 de agosto de 2009

5.000 visitas.

Agradecemos a tod@s os que visitan ó noso blog, o que nos levou a acadar 5.000 visitas en menos dun ano. Batital segue a traballar no que será o seu primeiro traballo en formato CD. Tan pronto como se vaian producindo novas ó respecto vos informaremos de contado.

jueves 25 de junio de 2009

Videoteca galega

Referencia nesta web sobre a cultura galega ó traballo de Batital.

sábado 20 de junio de 2009

Cedé.

Informamos ós seguidores que a sequía informativa, e de actuacións do grupo, ven motivada por estar a traballar no lanzamento do seu primeiro cedé. Iremos desvelando máis pormenores tan pronto como se acerquen as datas da súa publicación.

miércoles 15 de abril de 2009

Vai de camiño 2009

As novas datas de actuacións de Batital, son: o 17 de Abril de 2009 no Auditorio de Vilamarín (Ourense) ás 20:30 horas, e o vindeiro 19 de Abril no Auditorio de Portas (Pontevedra) ás 18:00 horas.

jueves 12 de marzo de 2009

Novos vídeos

Estos son os enlaces para poder ve-los novos vídeos de Batital en Youtube. Desexamos que vos gusten.

domingo 8 de marzo de 2009

LVdG

En espera de poder ofrecervos fotos e vídeos da actuación de Batital, aportamo-la reseña habida na prensa.

martes 3 de marzo de 2009

Radiovoz

Hoxe, ás 12:45 horas, tivo lugar unha entrevista a Fran Muinelo, de Batital, no programa "Voces de Galicia", da cadena Radiovoz.

Deixamo-lo enlace á grabación realizada abaixo, facendo especial fincapé nas excusas dirixidas a Zeus, contrabaixo, e alma mater do conxunto, ó que, por un puro lapsus linguae, no se fixo mención en directo na relación de compoñentes do grupo. (Con agarimo de: Fran).

sábado 31 de enero de 2009

Vai de Camiño 2009.

Temos a honra de informarvos que Batital foi seleccionado coma un dos grupos que actuará no evento a nivel autonómico "Vai de camiño 2009" organizado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

As datas e lugares de actuación de Batital serán:
-Sábado 7 de marzo de 2009 ás 21:00h. no auditorio Municipal de Caldas de Reis (Pontevedra).
-Venres 17 de abril de 2009, en Vilamarín (Ourense). (Suxeito a modificacións).
-Domingo 19 de abril de 2009, en Portas (Pontevedra). (Suxeito a modificacións).

miércoles 21 de enero de 2009

El Canto del Loco

Velaí vai un escaneo do autógrafo que tivo en consideración firmar Dani Martín, do grupo "El Canto del Loco", especialmente para Batital.

jueves 8 de enero de 2009

¡Última hora!.

Desafortunadamente, vémonos na obriga de anunciar que debe suspenderse o concerto que estaba previsto para o vindeiro día dez de Xaneiro no Joana´s Place de A Coruña por causas que resultan enteramente alleas a Batital.
Sentimo-los perxuizos que se puideran ocasionar ós nosos seguidores. Informaremos si se concreta unha nova data, ou se o concerto se cancela de maneira definitiva.
Saúdos e grazas de antemán pola vosa comprensión.
Batital.

martes 16 de diciembre de 2008

Novos temas

Xa podedes descargar nos enlaces da barra lateral esquerda os novos temas grabados por Batital: "Amor meniño", "Despertablues" e "La guitarra portuguesa". Agardamos que vos gusten tanto coma os anteriores ou máis.

Enlace emule: ed2k://fileBatital.rar112157909E91757EF7753D5FDCC89AE3BDDCAE66h=PI6K5BCRQBH5Q73NISW3EIFF6SWJAO2V/

sábado 13 de diciembre de 2008

Pau

Como se trata dun dos temas máis controvertidos, recurrentes e aclamados no blog, aí vos van unhas instantáneas do "pau de choiva" que se emprega nas nosas actuacións.


lunes 8 de diciembre de 2008

Novidades

O próximo 10 de Xaneiro de 2009 está prevista unha actuación de Batital no Joana´s Place de A Coruña na Rúa Pondal nº 4. Confirmaremos en breve a hora.
Asimesmo, o grupo estivo a traballar en tres novos temas: "Despertablues" (un Blues), "A guitarra Portuguesa" (un Fado), e "Amor Meniño" (Canción tradicional galega).
Pronto tamén rematarase a producción dos novos vídeos grabados nas xiras en directo que poderedes ollar, como non, no youtube.
Saúdos e grazas polas vosas visitas.
Batital.

jueves 4 de diciembre de 2008

LastFm

Tamén temos o noso oco no LastFM. Comproba as etiquetas dos temas de Batital se queres que aparezan na lista de "scrobbler".

lunes 1 de diciembre de 2008

My Space

Inauguramo-lo noso "mySpace": http://www.myspace.com/batital


domingo 23 de noviembre de 2008

Magosto pola tolerancia 2008.

Tal y como se anunciou na Voz de Galicia, velaí unha foto da actuación no Magosto pola tolerancia, na Praza de Santa María, o pasado 22 de Novembro de 2008.


La Voz de Galicia. 21/11/2008.

miércoles 12 de noviembre de 2008

Actuación na Festa dos Tolos.

Instantáneas da derradeira actuación de Batital na cervecería Estrella Galicia de Lugo.




martes 11 de noviembre de 2008

Actuación Clavicémbalo.

Eiquí van unhas instantáneas da actuación no Clavicémbalo o pasado 7/11/2008.



sábado 1 de noviembre de 2008

Novas datas de actuacións de Batital


-Viernes Día 7 de novembro 2008: 24:00 horas Clavicémbalo-club de arte e música. Rúa dos Paxariños 23-Lugo. Podedes consultar o programa en http://www.clavicembalo.com/Imagenes/Informativa1.pdf

- Martes Día 11 de novembro 2008: 22 horas -Cervecería "La estrella", Roi Xordo s/n, Lugo, 27002, co gallo da popular "Festa dos Tolos".

-Sábado Día 22 de novembro 2008: 17:00 horas nova actuación na Praza de Santa María de Lugo, co gallo do magosto popular pola integración organizado polo Concello de Lugo, adicado este ano á comunidade uruguaia e arxentina.Mais información en http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2008/11/21/0003_7331044.htm

Seguiremos informándovos das novas actuacións, aínda por confirmar.

domingo 26 de octubre de 2008

LVdG

Reseña no diario La Voz de Galicia.

sábado 11 de octubre de 2008

Repercusión mediática

Recollemos algúns extractos das entrevistas e os ecos da actuación de Batital onte na Praza de Santa María.


viernes 10 de octubre de 2008

Instantáneas

Os asistentes ó concerto de Batital, tiveron a ben enviarnos varias fotos obtidas cos seus móviles.

Prolegómenos

Grazas ás novas tecnoloxías, podémosvos ofrecer, caseque en directo, unha das primeiras instantáneas obtidas no quencemento de Batital antes de ofrecer o seu concerto desta tarde na praza de Santa María.

jueves 18 de septiembre de 2008

San Froilán 2008

Confirmada a asistencia de Batital no cartel de festas do San Froilán 2008. Podedes descarga-lo dende aquí, o desde a páxina web http://www.sanfroilan.info/

martes 16 de septiembre de 2008

Integrantes de Batital

En atención os correos-e recibidos, desvelámo-la identidade dos integrantes de Batital.

Integrantes de Batital











Elba: voz.

Integrantes de Batital












ARIEL : Guitarra eléctrica, laude, timple. Compositor e creativo.

Integrantes de Batital













Fran: Mandolina e acordeón.

Integrantes de Batital











PABLO: Batería e percusión.

Integrantes de Batital











RUBÉN: Guitarra e laúde.

Integrantes de Batital.












PABLO VÁZQUEZ: Vocalista e coros.

Integrantes de Batital















ZEUS: É o benxamín do grupo. Toca o contrabaixo.

Cambio de data da actuación no "Clavicémbalo".

Informámosvos de que a actuación de Batital no Jazz-Club "Clavicémbalo" de Lugo, terá lugar a noite do vindeiro 07/11/08 ás 11:00 horas.

Festas de San Froilán 2008


Confírmase a actuación de Batital no calendario de actuacións musicais das festas de San Froilán 2008. Será o día 10/10/2008, ás 18:30 horas, na praza de Santa María. Agardámosvos a tod@s.