Batital ven de presentar candidatura para o certame de músicas emerxentes "Novoson”, organizado pola Radio Galega, co tema A Muiñeira da Lúa Chea, un tema no que se fusionan dous ritmos ben distintos: a zamba arxentina e a muiñeira galega. A canción pretende ser unha homenaxe á soidade da emigración , evocando o pensamento dunha muller que, nostálxica, mira a lúa lonxe da súa terra, decatándose de que é a misma misteriosa fada que enche de maxia a Galicia dos seus amores. A través desta ollada á lúa branca, viaxa pola imaxinación ao seu fogar, desexando que non chegue o día, que non remate “a noite máis longa”.... Podedes escoitala no seguinte enlace:
http://ww2.crtvg.es/mu/novoson/category/musicas-do-mundo/
http://ww2.crtvg.es/mu/novoson/category/musicas-do-mundo/
No hay comentarios:
Publicar un comentario